interior
interior
lat interĭōre
-
adx
Que está na parte de dentro dunha cousa.
-
adx
Relativo ou pertencente ao espírito.
-
adx
Aplícase a unha vivenda que non ten vistas á rúa.
-
adx
[POLÍT ]
Aplícase á política interna dun país, especialmente polo que fai referencia ás cuestións de goberno e de orde pública.
-
s
m
-
Parte de dentro de algo.
-
Parte interior dunha casa.
-
Parte dun país situado no centro, que non ten saída ao mar.
-
-
s
m
Conxunto de pensamentos que non se exteriorizan.
-
interior dun conxunto
[MAT ]
Dado un conxunto A, conxunto de puntos interiores de A, é dicir, conxunto dos puntos de A que teñen un contorno non pechado en A.
Antónimos
Citas
- Abriu unha tenda de decoración de interiores
- As portas interiores son de madeira, Sempre leva a roupa interior de cor branca
- Atoparon o corpo no interior do vehículo
- É un soñador e a súa vida interior é moi intensa
- No seu interior ten moita dor
- O seu cuarto é interior
- Ourense é unha cidade do interior