internacional
inter- + nacional
-
adx
-
Relativo ou pertencente a dúas ou máis nacións, ao que ocorre ou se realiza entre elas e aos seus naturais.
-
Relativo ou pertencente a todas as nacións ou que ocorre ou se realiza entre elas.
-
-
adx
[DEP ]
Que participa en competicións internacionais. Tm s.
-
-
estilo internacional
Estilo arquitectónico aparecido en Los Angeles cara a 1920-1925 resultado da fusión da arquitectura estadounidense e as correntes europeas introducidas por R. Schindler e R. Neutra, que se caracterizou pola concepción da arquitectura como volume, a idea de que a orde é o medio para lle dar claridade ao proxecto arquitectónico e o rexeitamento da decoración inmotivada.
-
gótico internacional
Etapa da pintura gótica que comprende a pintura europea de finais do s XIV e comezos do s XV, que se caracterizou por un avance na concepción da perspectiva, por unha acentuación do movemento e por un perfeccionamento no retrato.
-
estilo internacional
Citas
- A vida internacional atravesa momentos difíciles, Celébrase o ano internacional do neno
- Deféndeo un avogado de fama internacional