exterior
exterior
lat exterĭōre
-
adx
-
Que está fóra dos límites dunha cousa. Tm s.
-
Aplícase á vivenda ou ás súas dependencias con vistas a fóra da construción.
-
Aplícase ao espazo que está fóra da atmosfera terrestre.
-
-
adx
Aplícase á superficie externa dos corpos. Tm s.
-
adx
Que está ou ten que ver con países estranxeiros. Tm s.
-
adx
Aplícase ao aspecto ou aparencia de alguén. Tm s.
-
s
m pl
-
Espazos ao aire libre onde se rodan ou se gravan escenas para cine, vídeo e televisión.
-
Escenas rodadas nestes espazos.
-
Antónimos
Citas
- A casa tiña unha escaleira exterior, Os exteriores do castelo teñen xardíns e árbores froiteiras
- A nave saíu ao espacio exterior
- Fixo unha torta cunha capa exterior de chocolate, A casa ten o exterior de pedra
- Os dous querían o cuarto exterior
- Sempre se interesou pola política exterior, Chegaron ao seu país noticias do exterior sobre o conflicto
- Ten un aspecto exterior moi agradable, O seu exterior fai que todos o teñan por unha persoa desleixada