inmersión
inmersión
lat inmersĭone
-
s
f
Acción e efecto de somerxer ou somerxerse.
-
s
f
[ASTRON ]
Inicio da ocultación dun astro ao pasar pola sombra doutro ou por detrás del.
-
s
f
[MAT ]
Aplicación inxectiva dun conxunto A noutro B, que conserva as estruturas.
-
inmersión lingüística
[LING/EDUC ]
Método de ensino dunha segunda lingua que se caracteriza polo feito de situar o alumno nun contorno de aprendizaxe que ten como lingua de relación e de instrución a lingua que está a aprender.