inmersión

inmersión

lat inmersĭone

Plural: inmersións
  1. s f

    Acción e efecto de somerxer ou somerxerse.

  2. s f [ASTRON ]

    Inicio da ocultación dun astro ao pasar pola sombra doutro ou por detrás del.

  3. s f [MAT ]

    Aplicación inxectiva dun conxunto A noutro B, que conserva as estruturas.

  4. inmersión lingüística [LING/EDUC ]

    Método de ensino dunha segunda lingua que se caracteriza polo feito de situar o alumno nun contorno de aprendizaxe que ten como lingua de relación e de instrución a lingua que está a aprender.

Antónimos

Confrontaciones

mergullo