inmerso -sa
inmerso -sa
lat immersu, p pres de immergĕre ‘somerxer’
-
adx
Que está somerxido nun líquido.
-
adx
Que está profundamente concentrado en algo.
Citas
- Atopeino sentado no balcón, inmerso nas súas cavilacións
- Permaneceu inmerso ata que non puido aguantar máis a respiración
- Viuse inmerso nun asunto pouco legal