infarto
infarto
lat infartu, p p de infarcio ‘reencher’
-
s
m
[PAT ]
Necrose que se localiza nunha porción de parénquima, e que se debe xeralmente a unha falta de irrigación por embolia ou obliteración brusca da arteria ou das arterias correspondentes.
-
infarto cerebral
[PAT ]
Infarto que é consecuencia dunha trombose ou embolización dunha arteria cerebral.
-
infarto de miocardio
[PAT ]
Infarto que xeralmente é consecuencia dunha trombose da coronaria esquerda.
-
infarto intestinal
[PAT ]
Obliteración dun vaso arterial ou venoso que irriga unha ou diversas asas intestinais.
-
infarto pulmonar
[PAT ]
Infarto que se orixina por unha embolia da arteria pulmonar.