infantilismo

infantilismo

infantil + -ismo

Plural: infantilismos
  1. s m [PAT ]

    Persistencia no adulto dos caracteres morfolóxicos, e ás veces psíquicos, do infante que xeralmente se deben ao hipotiroidismo e ao disfuncionalismo da hipófise.

  2. s m [PSIC ]

    Actitude propia dun neno que se mantén nunha idade posterior.

  3. s m

    Feito ou dito propio dun neno.