levantar

levantar

levante, antigo p activo de levar

  1. v t
    1. Mover algo ou a alguén cara a arriba, ou poñelo nun lugar máis alto.

    2. Dirixir algo cara a arriba.

  2. v t
    1. Poñer algo ou alguén dereito ou en posición vertical.

    2. Pór algo ou a alguén de pé. Tm v pron.

    3. Facer que alguén saia da cama.

    4. Separar unha cousa do que está unida ou pegada. Tm v pron.

  3. v t
    1. Construír un edificio ou unha obra.

    2. Deseñar proxectos, planos ou mapas.

    3. Fundar ou levar adiante algo.

  4. v t

    Provocar un determinado efecto.

  5. v t

    Facer algo máis intenso ou incrementar algo.

  6. v t

    Facer que a caza saia da súa gorida ou agocho.

  7. v t

    Desmantelar unha cousa.

  8. v t

    Anular ou deixar algo sen efecto.

  9. v t

    Suscitar algo.

  10. v t

    Redactar un documento co fin de que quede constancia dun feito, dun acordo ou dunha manifestación de vontade.

  11. v t

    Proporcionar máis forza ao ánimo ou ao valor de alguén.

  12. v t

    Facer que alguén se rebele contra algo ou alguén.

  13. v t fig

    Axudar a alguén nunha situación.

  14. v i

    Deixar de chover ou mellorar o tempo.

  15. v pron

    Moverse cara a arriba.

  16. v pron

    Elevarse ou sobresaír sobre unha superficie.

  17. v pron

    Saír alguén da cama.

  18. v pron

    Deixar algo de estar pegado ou unido a algo.

  19. v pron

    Comezar a aparecer algo.

  20. v pron

    Comezar a facer vento ou a axitarse o mar.

  21. v pron fig

    Rebelarse alguén contra algunha autoridade.

  22. levantar áncoras [MAR ]

    Recoller un barco as áncoras para comezar a navegar.

  23. levantar voo

    Separarse un aparato de aviación do chan ou do mar ao comezar o voo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A falta de alimentos levantou a poboación
  • A torre da catedral levantábase maxestosa sobre os tellados
  • En canto levante un pouco o día sairemos de paseo
  • Foi chegar ao monte e o can xa lle levantou catro coellos
  • Foi o seu sogro quen os levantou cando estaban empeñados
  • Levanta a man cando queiras falar, Para mover a cadeira levántaa, non a arrastres, Levantou a saia ata o xeonllo, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Levanta por esa esquina que vai caer ao chan
  • Levanta a teu pai que xa son horas de ir ao traballo
  • Levanta esa roseira que dobrou o vento, Levanta a nena, que xa volveu caer
  • Levanta o adhesivo con coidado para que non rompa
  • Levantaron a parede nunhas poucas horas
  • Levantaron a prohibición de viaxar a ese país
  • Levantaron o campamento e continuaron a expedición
  • Levantáronse as baldosas da cociña
  • Levantáronse en armas contra o dictador
  • Levantáronse rumores de que haberá un cambio de goberno
  • Levantou os ollos ao ceo
  • Levantou un imperio comercial, Entre os dous levantaron unha magnífica familia
  • Non fai falta que me levantes a voz
  • O notario levantou acta do acontecido
  • Ó pasar o coche levantáronse as follas caídas
  • Os zapatos novos levantáronlle ampolas nos pés, A súa proposta para o cargo levantou moitas suspicacias
  • Se te levantas cólleme un refresco da neveira
  • Uns individuos descoñecidos levantaron sospeitas entre os veciños
  • Vou velo, a ver se lle levanto un pouco a moral

Frases feitas

  • Levantar a carne. Sacar a carne do sal.

  • Levantar a carne. Sacar a carne do sal.

  • Levantar a eira. Recoller o gran.

  • Levantar a eira. Recoller o gran.

  • Levantar a lebre. Descubrir algo que estaba oculto.

  • Levantar a lebre. Descubrir algo que estaba oculto.

  • Levantar cabeza. Recuperarse dunha situaci

  • Levantar cabeza. Recuperarse dunha situaci

  • Levantarse o leite. Deixar de dar leite.

  • Levantarse o leite. Deixar de dar leite.

  • 2 Pegar a algu

  • 2 Pegar a algu

  • Levantar as patacas. Recoller as patacas.

  • Levantar as patacas. Recoller as patacas.

Formas incorrectas

despegar (unha aeronave)
Conxugar
VERBO levantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levanto
levantas
levanta
levantamos
levantades
levantan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantaba
levantabas
levantaba
levantabamos
levantabades
levantaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantei
levantaches
levantou
levantamos
levantastes
levantaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantara
levantaras
levantara
levantaramos
levantarades
levantaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantarei
levantarás
levantará
levantaremos
levantaredes
levantarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantaría
levantarías
levantaría
levantariamos
levantariades
levantarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levante
levantes
levante
levantemos
levantedes
levanten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantase
levantases
levantase
levantasemos
levantasedes
levantasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantar
levantares
levantar
levantarmos
levantardes
levantaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
levanta
-
-
levantade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantar
levantares
levantar
levantarmos
levantardes
levantaren
Xerundio levantando
Participio levantado
levantada
levantados
levantadas