abrigo
abrigo
lat aprīcu ‘soleado, defendido do frío’
-
s
m
Lugar onde se está a cuberto das inclemencias do tempo.
-
s
m
Peza de vestir longa, con mangas e abotoada por diante, que se pon por riba da roupa para abrigarse.
-
abrigo rochoso
[ARQUEOL ]
Lugar de-baixo dunha rocha que adoitaba ser lugar de asentamento de comunidades cazadoras e recolectoras.
Sinónimos
Citas
- A causa do mal tempo precisaron buscar un abrigo para pasar a noite
- Polo serán chegaron as dornas buscando o abrigo do porto
Refráns
- Bo abrigo contra o frío é estar ben comido e ben bebido.
- Ó boi vello non lle busques abrigo, búscallo ao becerriño.
- Por moito sol que faga, non deixes a capa na casa.
- Se chove, deixa chover; se orballa, deixa orballar; que, en tendo ti un abriguiño, ben te podes abrigar.