abril

abril

lat Aprīle

Plural: abrís
s m [CRON ]

Cuarto mes do ano no calendario gregoriano e segundo mes do primitivo ano romano que consta de trinta días.

Ex: O mes de abril ten trinta días

Citas

  • O mes de abril ten trinta días

Frases hechas

  • En abril augas mil. Indica que en abril adoita chover moito.

  • Estar feito un abril. Estar fermoso e cheo de vida.

  • Parecer un abril. Estar l

Refranes

  • Abril a la carda e maio leva a fama.
  • Abril atoldado e pouco mollado.
  • Abril e maio son as chaves do ano.
  • Abril esfola pero maio amola.
  • Abril frío e fomos quentes, alegría para os meus dentes.
  • Abril frío quere compango, viño e pantrigo.
  • Abril frío trae poias de trigo.
  • Abril frío, moito pan e pouco viño.
  • Abril frío, pan e viño.
  • Abril pare os froitos e maio lévaos ao lombo.
  • Abril, abril, de cen en cen anos deberas viro
  • Abril, o do bo durmir.
  • Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
  • Abril, se por mal quere vir, inda as portas non deixa abrir.
  • Abriles bos e bos fidaIgos andan escasos.
  • Abriles e cabaleiros son ás veces traicioneiros.
  • As madrugadas de abril son pintadas para durmir.
  • Cando abril recacha, inda a vella queima a racha.
  • Corta cardos en abril e de cada un naceranche mil.
  • Díxolle maio a abril: Anque che pese, heime rir.
  • En abril ábrelle a porta ao gando e déixao ir.
  • En abril déixame durmir, que en maio de meu caio.
  • En abril e maio fai fariña para o ano.
  • En abril inda está o porco no cubil.
  • En abril pon o capelo ruín.
  • En abril, espigas mil.
  • Entre marzo e abril, se non ven o cuco, quere vir a fin.
  • Folla en abril, abre a man e déixaa ir.
  • Garda leña para abril e pan para maio.
  • Neve en abril, cobras en marzo.
  • No abril sae o cuco do cubil.
  • O cuco no abril vive e no maio revive.
  • Polo abril ronca o porco no cubil.
  • Polo abril xa só poda o labrego mín.
  • Por abril ponte de codín; e, se o pan ves verdegar, ponte a cantar.
  • Se non houbese abril, non habería ano mín.
  • Solla de abril, abre a man e déixaa fuxir.
  • Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto coma os bois e o carro.