abrigo

abrigo

lat aprīcu ‘soleado, defendido do frío’

Plural: abrigos
  1. s m

    Lugar onde se está a cuberto das inclemencias do tempo.

  2. s m

    Peza de vestir longa, con mangas e abotoada por diante, que se pon por riba da roupa para abrigarse.

  3. abrigo rochoso [ARQUEOL ]

    Lugar de-baixo dunha rocha que adoitaba ser lugar de asentamento de comunidades cazadoras e recolectoras.

Sinónimos

Citas

  • A causa do mal tempo precisaron buscar un abrigo para pasar a noite
  • Polo serán chegaron as dornas buscando o abrigo do porto

Refranes

  • Bo abrigo contra o frío é estar ben comido e ben bebido.
  • Ó boi vello non lle busques abrigo, búscallo ao becerriño.
  • Por moito sol que faga, non deixes a capa na casa.
  • Se chove, deixa chover; se orballa, deixa orballar; que, en tendo ti un abriguiño, ben te podes abrigar.