illador -ra

illador -ra

1 illar

Plural: illadores Masculino: illador Masculino plural: illadores Feminino: illadora Feminino plural: illadoras
  1. adx

    Que illa.

    1. s

      Peza de material dieléctrico que serve de soporte aos condutores.

    2. illador de ángulo

      Illador que consiste nun tubo de porcelana angular que serve para cambiar a dirección dun condutor en ángulo recto.

    3. illador de antena

      Illador en forma de oito estilizado que se utiliza para soster antenas e catenarias.

    4. illador de dobre retención

      Illador que está formado por dous illadores de lado que soportan dúas ramas contiguas dunha mesma liña eléctrica e que permiten darlle continuidade ou interrompela nese punto.

    5. illador de polea

      Illador con forma de polea, de pequenas dimensións, que se utiliza nas instalacións domésticas.

    6. illador de retención

      Illador que serve para suxeitar as cabezas das liñas que aguantan a tensión horizontal ademais do peso vertical.

    7. illador de suspensión/de cadea

      Illador xeral que está formado por diversos elementos iguais, adecuado para tensións de servizo superiores a 66 kV.

    8. illador ríxido/de soporte

      Illador que está formado por dous ou máis elementos cimentados entre eles, que se utiliza a 66 kV.

Sinónimos

Confrontacións

illante

Palabras veciñas

illábel illable illado -da illador -ra illamento illana illante