igualdade

igualdade

lat aequalĭtate

Plural: igualdades
  1. s f

    Calidade ou condición de igual.

  2. transformación de igualdade [MAT ]

    Transformación xeométrica bixectiva que conserva a distancia entre os puntos.

Antónimos

Refráns

  • Azoutar e dar no cu todo é un.
  • Cada animal fólgase co seu igual.
  • Cando amañece para todos amañece.
  • Coser e facer albardas, todo é dar puntadas.
  • En toda terra espiga o pan.
  • En todas partes cada semana ten o seu martes.
  • Estorniños e pardais, todos queren ser iguais.
  • Hai moitos burros do mesmo pelo.
  • Nádegas e cu todo é un.
  • No nacer e no morrer todos iguais ternos que ser.
  • Nunca o lobo mata o lobo.
  • O abade e o veciño moen nun mesmo muíño.
  • O cura, o sancristán, o barbeiro e o veciño, todos moen nun muíño.
  • Para nacer e morrer non hai ricos nin pobres.
  • Tanto anda o coxa coma o sano, despois do camiño andado.
  • Tanto corre un coma cento.
  • Tanto dá touciño como soá.
  • Tanto ten ás costas coma ao lomba.
  • Tanto ten ser caldeira como tapadeira.
  • Todos igual chegamos á alba: uns en boa cama e outros en palla.