igualdade
igualdade
lat aequalĭtate
-
s
f
Calidade ou condición de igual.
-
transformación de igualdade
[MAT ]
Transformación xeométrica bixectiva que conserva a distancia entre os puntos.
Antónimos
Refranes
- Azoutar e dar no cu todo é un.
- Cada animal fólgase co seu igual.
- Cando amañece para todos amañece.
- Coser e facer albardas, todo é dar puntadas.
- En toda terra espiga o pan.
- En todas partes cada semana ten o seu martes.
- Estorniños e pardais, todos queren ser iguais.
- Hai moitos burros do mesmo pelo.
- Nádegas e cu todo é un.
- No nacer e no morrer todos iguais ternos que ser.
- Nunca o lobo mata o lobo.
- O abade e o veciño moen nun mesmo muíño.
- O cura, o sancristán, o barbeiro e o veciño, todos moen nun muíño.
- Para nacer e morrer non hai ricos nin pobres.
- Tanto anda o coxa coma o sano, despois do camiño andado.
- Tanto corre un coma cento.
- Tanto dá touciño como soá.
- Tanto ten ás costas coma ao lomba.
- Tanto ten ser caldeira como tapadeira.
- Todos igual chegamos á alba: uns en boa cama e outros en palla.