honradez
honradez
Plural:
honradeces
s
f
Calidade de quen actúa de acordo cuns valores morais, sen enganar, con rectitude e integridade.
Refráns
- A que é honrada sen combate, que non se gabe; a que non cae sendo atentada, esa si que é honrada.
- Andar a pago non pago, non é de homes fidalgos.
- Home honrado, denantes morto que aforcado.
- Mal por ben non se debe volver a ninguén.
- Mal por mal non se debe dar.
- Vale máis leva-las mans limpas que levalas cheas.
- Xogar con dúas barallas non é de xentes honradas.