honra

honra

honrar

Plural: honras
  1. s f

    Calidade ou condición dunha persoa, da súa conduta ou dos seus feitos, que fan que sexa respectada e estimada.

  2. s f

    Circunstancia ou condición de ser alguén respectado ou admirado polos demais polos seus méritos ou calidades.

  3. s f

    Cousa que é motivo de orgullo.

  4. s f
    1. Boa fama que ten alguén en canto á súa moral sexual.

    2. irxindade dunha persoa.

  5. honras fúnebres

    Cerimonias funerarias que se lle fan a un defunto.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Confío na súa honradez á hora de facer as contas.
  • Conseguiu moita honra loitando polos máis desfavorecidos
  • Ninguén dubida que actuará con honra cando teña que dictar sentencia, Perdeu toda a honra cometendo aquel delicto
  • Para eles é unha honra ter uns fillos tan bos, Foi unha honra coñecelos

Frases feitas

  • (Ter) a moita honra. Considerar algo de moito orgullo. Ex: Te

Refráns

  • A honra e a muller son coma o vidro para se romper.
  • A honra e o cristal lago se poden ere bar.
  • A honra está en quen a gaña.
  • A honra está no que a dá.
  • A honra logo se escacha.
  • A honra non ten máis que un camiño moi estreitiño.
  • A honra vale máis tela que merecela.
  • A honra, canto máis crece, máis fame mete.
  • Honra e proveito non caben baixo dun teito. _
  • Honra e proveito non teñen un mesmo xeito.
  • Honra e proveito non van xuntos ao dereito.
  • Honra e vicio non andan xuntos.
  • Honra sen proveito, anelo no dedo.