honradez

honradez
Plural: honradeces
s f

Calidade de quen actúa de acordo cuns valores morais, sen enganar, con rectitude e integridade.

Refranes

  • A que é honrada sen combate, que non se gabe; a que non cae sendo atentada, esa si que é honrada.
  • Andar a pago non pago, non é de homes fidalgos.
  • Home honrado, denantes morto que aforcado.
  • Mal por ben non se debe volver a ninguén.
  • Mal por mal non se debe dar.
  • Vale máis leva-las mans limpas que levalas cheas.
  • Xogar con dúas barallas non é de xentes honradas.