grego -ga

grego -ga

lat Graecu

Plural: gregos Masculino: grego Masculino plural: gregos Feminino: grega Feminino plural: gregas
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Grecia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Grecia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo grego.

    2. s

      Individuo do pobo grego.

    3. s

      Pobo de orixe indoeuropea que chegou en sucesivos momentos históricos ata as costas do Mediterráneo a comezos do II milenio a C, procedente da conca do río Danubio, no SL de Europa.

  1. s m [LING ]

      Lingua illada da familia indoeuropea, que se fala na Hélade, e nas costas e nas illas do Mar Exeo. Na época histórica constituíu un amplo mosaico de dialectos que acadaron categoría literaria. O grego da época alfabética comezou no s VIII a C.