gregoriano -na
gregoriano -na
Plural:
gregorianos
Masculino:
gregoriano
Masculino plural:
gregorianos
Feminino:
gregoriana
Feminino plural:
gregorianas
-
adx
Relativo ou pertencente a algún dos papas de nome Gregorio.
-
canto gregoriano
[MÚS ]
Canto en latín, ao unísono, propio da liturxia da Igrexa Romana, afín ao da sinagoga (salmodia), ao das antigas liturxias cristiás occidentais e ao folclore grecorromano dos primeiros séculos do cristianismo.
-
misa gregoriana
[RELIX ]
Cada unha das misas que, en número de trinta en sufraxio por un defunto, se celebra nunha sucesión ininterrompida de días.
-
reforma gregoriana
[RELIX ]
Movemento de reforma da Igrexa católica, nos ss XI e XII, contra a decadencia moral e institucional orixinada no s X pola desaparición da orde establecida polos carolinxios. A reforma iniciouna o papa León IX (1048), e culminouna Gregorio VII, de quen recibe o nome.