gregarino -na
gregarino -na
lat científico Gregarina
-
adx
Relativo ou pertencente ás gregarinas.
-
s
f
[PROTISTA ]
Esporozoo pertencente á orde das gregarinas.
-
s
f pl
[PROTISTA ]
Orde de telosporidios de gran tamaño, que teñen o aspecto dunha célula ovoide co citoplasma cuberto por unha cutícula sólida e estriada. Preséntanse principalmente como parasitos extracelulares de invertebrados.