grave

grave

lat grave ‘pesado’

Plural: graves
  1. adx
    1. Que expresa dignidade, respecto ou seriedade.

    2. Aplícase ao estilo de carácter serio e elevado.

  2. adx
    1. Que é importante, transcendente ou que pode ter consecuencias prexudiciais.

    2. Aplícase a situacións ou accións que son susceptibles de ter algún perigo ou dano.

  3. adx [FÍS/LING ]

    Aplícase ao son que no seu espectro acústico presenta unha concentración de enerxía nas frecuencias baixas.

  4. adx, s [LING ]

    paroxítono.

  5. adx [FÍS ]

    Que está sometido á gravidade. Tm s m, referido a corpo.

  6. adx [MÚS ]

    Aplícase a algúns movementos lentos dunha sonata ou dunha sinfonía. Na música francesa do s XVII e XVIII adoitaba ser o principio do primeiro movemento, seguido dun allegro.

  7. adx [LING ]

    Aplícase ao signo diacrítico (`) que se emprega en diversas linguas.

  8. s m [NUMIS ]

    Moeda portuguesa de billón cuñada durante o reinado do rei Fernando I (1367-1383), cun valor de tres diñeiros de lei e un peso de 1,95 g.

Confrontacións

difícil

Citas

  • O arcebispo destacaba entre o resto polas súas ricas roupas e o seu aspecto grave
  • Reuníronse para tratar dos graves sucesos acontecidos durante a manifestación, Debe tomar unha grave decisión, A grave situación da empresa precisa a axuda de todos
  • Superou unha grave enfermidade, Está nunha situación grave
  • Tratou o tema da ética e da moral cun estilo grave