grave
lat grave ‘pesado’
-
adx
-
Que expresa dignidade, respecto ou seriedade.
-
Aplícase ao estilo de carácter serio e elevado.
-
-
adx
-
Que é importante, transcendente ou que pode ter consecuencias prexudiciais.
-
Aplícase a situacións ou accións que son susceptibles de ter algún perigo ou dano.
-
-
adx
[FÍS/LING ]
Aplícase ao son que no seu espectro acústico presenta unha concentración de enerxía nas frecuencias baixas.
-
adx, s
[LING ]
paroxítono.
-
adx
[FÍS ]
Que está sometido á gravidade. Tm s m, referido a corpo.
-
adx
[MÚS ]
Aplícase a algúns movementos lentos dunha sonata ou dunha sinfonía. Na música francesa do s XVII e XVIII adoitaba ser o principio do primeiro movemento, seguido dun allegro.
-
adx
[LING ]
Aplícase ao signo diacrítico (`) que se emprega en diversas linguas.
-
s
m
[NUMIS ]
Moeda portuguesa de billón cuñada durante o reinado do rei Fernando I (1367-1383), cun valor de tres diñeiros de lei e un peso de 1,95 g.
Confrontaciones
difícilCitas
- O arcebispo destacaba entre o resto polas súas ricas roupas e o seu aspecto grave
- Reuníronse para tratar dos graves sucesos acontecidos durante a manifestación, Debe tomar unha grave decisión, A grave situación da empresa precisa a axuda de todos
- Superou unha grave enfermidade, Está nunha situación grave
- Tratou o tema da ética e da moral cun estilo grave