difícil
difícil
lat difficĭle
-
adx
Que require un grande esforzo, habilidade ou capacidade, para facelo ou entendelo.
-
adx
Aplícase ás persoas que polo seu carácter non son fáciles de tratar.
Antónimos
Citas
- Despois da guerra viñeron uns tempos moi difíciles, case non tiñamos para comer
- Hoxe o mestre puxo uns problemas ben difíciles, non sei se serei capaz de resolvelos
- María é unha persoa difícil, coa que é imposible convivir, O seu carácter difícil e agresivo causou o rexeitamento dos seus amigos
- Xa lle tocou a lotería unha vez, é difícil que lle toque outra