alxaba

alxaba

ár al-ja’ab â

Plural: alxabas
  1. s f

    Estoxo de madeira ou bolsa de coiro que vai pendurado do ombreiro cunha correa, que se emprega para levar as frechas e setas.

  2. s f

    Bolsa de pequeno tamaño para gardar algo.

Sinónimos

Citas

  • Atoparon os restos dunha alxaba con frechas de punta grosa
  • Gardamos todo o que puidemos na alxaba para marcharmos logo
  • Gardou os cartos na alxaba para evitar que lle roubasen a carteira
  • ¡Quédache moi ben esa alxaba!

Palabras veciñas

alvéolo alverca alveus* alxaba alxabeira alxama alxamía