alvéolo

alvéolo

lat alveŏlu, dim de alvĕu ‘cavidade’

Plural: alvéolos
  1. s m

    Pequena cavidade.

  2. s m [TECNOL ]

    Cada unha das cavidades dunha toma de corrente en que se introducen as caravillas para establecer un contacto.

  3. s m [XEOG ]

    Cavidade de reducida dimensión nas rochas, orixinada por erosión química ou mecánica.

  4. s m [ZOOL ]

    Cada un dos compartimentos ou células do favo dalgúns insectos sociais.

  5. alvéolo dental [ZOOL ]

    Cavidade dos maxilares en que están inseridos os dentes e que está cuberta polas enxivas.

  6. alvéolo pulmonar [ZOOL ]

    Pequeno saco terminal dos bronquiolos onde se efectúa o troco de gases no sangue.