alxaba
alxaba
ár al-ja’ab â
-
s
f
Estoxo de madeira ou bolsa de coiro que vai pendurado do ombreiro cunha correa, que se emprega para levar as frechas e setas.
-
s
f
Bolsa de pequeno tamaño para gardar algo.
Sinónimos
Citas
- Atoparon os restos dunha alxaba con frechas de punta grosa
- Gardamos todo o que puidemos na alxaba para marcharmos logo
- Gardou os cartos na alxaba para evitar que lle roubasen a carteira
- ¡Quédache moi ben esa alxaba!