gama

gama

gr γάμμα ‘terceira letra do alfabeto grego’

Plural: gamas
    1. s

      Conxunto de cousas que presentan unhas características comúns en diferente grao en cada unha delas.

    2. s [PINT ]

      Serie de matices dunha cor.

    3. gama de luminosidade [IND/ARTE ]

      Diferenza de luminosidade entre as áreas máis escuras e máis iluminadas dun motivo.

    4. gama dunha emulsión fotográfica [IND/ARTE ]

      Contraste dunha emulsión.

  1. s f

    Conxunto variado de cousas.

  2. s f [MÚS ]

    Fragmento de escala musical que se estende de tónica a tónica.

Confrontacións

escala, serie, variedade

Citas

  • O viaxante ofrecíalle unha ampla gama de novos productos
  • Preparoulles un prato que presentaba unha variada gama de sabores