variedade

variedade

lat varietāte

Plural: variedades
  1. s f

    Trazo dun conxunto que presenta compoñentes diferenciados entre si.

  2. s f

    Cada unha das diferentes clases dunha cousa.

  3. s f

    Feito de non ser iguais algunhas cousas.

  4. s f [BIOL ]

    Categoría taxonómica inferior á especie e á subespecie e superior á forma.

  5. s f pl [IMAX ]

    Espectáculo formado por números artísticos independentes.

Citas

  • Coñece todas as variedades de peras
  • Nesta libraría non hai variedade de libros