escala

escala

lat scala

Plural: escalas
  1. s f

    Utensilio formado por dúas barras longas e paralelas unidas por travesas equidistantes, que fan a función de chanzos para subir ou descender.

    1. s

      Serie graduada ascendente ou descendente con relación a unha calidade ou aspecto común.

    2. s [MÚS ]

      Sucesión de sons dispostos segundo un modo ou sistema determinado.

    3. escala de grises [INFORM ]

      Gama dos grises dunha imaxe medidos por un escáner fotográfico.

    4. escala de proxección [IND/ARTE ]

      Película positivada cunha serie de aumentos de densidade desde a transparente á opaca, coa que se avalía a exposición necesaria para o positivado.

    5. escala hedónica [ALIM ]

      Sistema de valoración numérica que se utiliza na técnica de cuantificar a aceptación nutritiva dun alimento, xeralmente a través do sabor.

    1. s

      Liña graduada dividida en partes iguais ou desiguais, empregada para medir calquera cousa.

    2. escala absoluta de temperatura [FÍS ]

      Escala de temperatura na que a orixe, o cero absoluto, representa a temperatura á que a presión dun gas ideal é nula, polo que non pode haber valores negativos.

    3. escala Celsius [METROL ]

      Escala de temperaturas que fai corresponder o 0 ao punto de conxelación da auga pura e o 100 á súa temperatura de ebulición.

    4. escala de enfoque [IND/ARTE ]

      Escala de distancias de números ou símbolos que aparece sinalado no obxectivo para saber a distancia á que se está enfocando.

    5. escala de Fahrenheit [METROL ]

      Escala de temperaturas que fai corresponder o valor 32 ao punto de fusión do xeo e o valor 212 á temperatura de ebulición da auga en condicións normais de presión.

    6. escala de mareas [XEOG ]

      Instrumento para medir o nivel das augas do mar, construído cunha madeira vertical dividida en centímetros e decímetros.

    7. escala de Mohs [XEOL ]

      Método semicuantitativo para a determinación da dureza dun mineral que consiste nunha escala de dez niveis, e en cada nivel hai un mineral representativo común, de tal xeito que os minerais dos niveis superiores poden raiar todos os minerais dos niveis inferiores.

    8. escala de Rankine [FÍS ]

      Escala absoluta de temperaturas, que fai corresponder ao punto triplo da auga a temperatura de 456,69°R.

    9. escala de Réaumur [METROL ]

      Escala de temperaturas que atribúe o valor 0 á temperatura da fusión do xeo e 80 á de ebulición do vapor, ambos os dous casos baixo unha presión de 760 mm de mercurio.

    10. escala de Richter [XEOL ]

      Escala logarítmica do 1 ao 10 que se utiliza para medir a intensidade dos movementos sísmicos.

    11. escala termométrica/de temperatura [FÍS ]

      Relación entre a temperatura e a magnitude termométrica utilizada.

    1. s [BÉL ]

      Parte do persoal profesional dun exército, arma ou corpo que, polo seu contido e procedencia, constitúe un conxunto especial e diferenciado, agrupado en función da súa antigüidade.

    2. s [DER ]

      Clasificación dos funcionarios dunha corporación segundo o lugar de traballo, a antigüidade ou os méritos.

    3. escala social [SOCIOL ]

      Serie de persoas ou estamentos que forman a sociedade, graduada segundo as súas categorías.

  2. s f [XEOG ]

    Relación da distancia entre a representación de dous puntos nun mapa e a distancia real deses dous puntos na superficie da Terra.

  3. s f

    Importancia maior ou menor de algo, como un negocio ou un asunto.

  4. s f

    Lugar en que para unha nave para efectuar un embarque ou desembarque de persoas ou mercadorías entre o punto de orixe e o de destino.

  5. s f [HIST ]

    Praza comercial establecida polos países europeos en territorios dominados polos musulmáns.

Sinónimos

Citas

  • Crearon un negocio a grande escala