fraqueza

fraqueza

fraco

Plural: fraquezas
  1. s f

    Calidade de fraco.

  2. s f
    1. Debilidade ou falta de resistencia, forza ou vigor.

    2. Debilidade de ánimo ou carácter.

  3. s f

    Acción que se comete por debilidade.

  4. s f

    Inclinación que sente unha persoa por algo ou alguén.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A fraqueza da súa personalidade impídelle enfrontarse aos feitos
  • Ceder ante as súas súplicas foi unha fraqueza imperdoable
  • Sempre tivo moita fraqueza polos nenos pequenos, A fraqueza de Xoán son os pasteis de chocolate
  • Sentiu fraqueza e foi comer

Refráns

  • O mal do tordo: a cara fraca e o cu gordo.

Palabras veciñas

franxa fraquear fraqueira fraqueza frasca frasco frase