franxa

franxa

fr frange

Plural: franxas
  1. s f

    Fita de fío de diferentes materiais para adornar pezas de roupa ou outras cousas.

  2. s f

    Lista ou tira de calquera cousa.

Citas

  • Fixeron a enquisa nunha franxa de idade entre 20 e 30 anos
  • O seu vestido de galega tiña franxas prateadas e de seda, Regaloulle uns coxíns con franxas douradas
  • Pintaron o coche a franxas, Cortaron unha franxa de bosque para facer unha devasa