flagrante

flagrante

lat flagrante

Plural: flagrantes
  1. adx

    Aplícase ao acto que se está a executar no momento no que se fala del, xeralmente un delito.

  2. adx

    Aplícase ao feito evidente e innegable.

  3. adx

    Que arde facendo chama.

Confrontacións

manifesto, patente

Citas

  • Denunciaron as flagrantes violacións dos dereitos laborais, OBS: Emprégase frecuentemente na expresión en flagrante, Collérono en flagrante delicto de asasinato
  • Denunciouno por tela sometido a denigracións e aldraxes flagrantes