patente

patente

lat patente, p pres de patēre ‘estar descuberto’

Plural: patentes
  1. adx

    Que é evidente, manifesto ou claro.

  2. adx [BOT ]

    Aplícase ao órgano que forma un ángulo moi aberto co eixe que o soporta.

    1. s

      Título librado por un soberano ou goberno superior que confire certos privilexios ou dereitos.

    2. s [DER ]

      Licenza para exercer unha profesión ou oficio.

    3. s [DER ]

      Certificado que outorga o estado polo que se recoñece o dereito a utilizar en exclusiva un invento e comercializar e vender os obxectos fabricados.

    4. patente de corso / [HIST/DER ]

      patente de corso.

    5. patente de navegación [DER ]

      Documento expedido polas autoridades da mariña, que autoriza unha embarcación para a navegación.

    6. patente europea [ECON ]

      Sistema internacional de patentes, con validez para todos os estados asinantes do Convenio de Múnic (1973), que é regulado pola Organización Europea de Patentes.

Citas

  • O seu enfado fíxose patente cando rexeitou a invitación