flamengo -ga
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Flandres, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo pertencente a Flandres.
-
s
[ETN/HIST ]
Grupo de habitantes da rexión N de Bélxica, de lingua flamenga, que recibiron este nome a partir da loita pola salvación da súa cultura tras a constitución do estado belga en 1830.
-
s
[LING ]
Lingua que se fala no N de Bélxica, recoñecida polo estado belga en 1873.
-
adx
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave acuática do xénero Phoenicopterus, da familia dos fenicoptéridos, que presenta pescozo e patas longas, ás grandes e cola curta, de plumaxe rosa ou vermella, coas plumas remeiras negras, e membranas interdixitais. Para alimentarse filtran a lama do fondo grazas á acción combinada da lingua e das proxeccións do peteiro. Poden acadar ata os 50 anos e viven en colonias de ata varios milleiros de individuos.