período

período

lat periŏdu gr περίοδος

Plural: períodos
  1. s m

    Porción de tempo limitado e determinado polo acontecemento dun fenómeno.

    1. s

      Espazo de tempo que comprende a duración dunha cousa ou dunha fase.

    2. s [DER ]

      Cada unha das fases ou partes de que consta o xuízo para expoñer, probar ou sentenciar.

    3. período de proba [DER ]

      Espazo de tempo, na contratación laboral, en que cada unha das partes contratantes pode disolver o vínculo se non queda satisfeito das prestacións da outra.

    4. período de sesións / [DER/POLÍT ]

      Período de tempo anual en que legalmente se pode reunir un parlamento.

    5. período electoral / [DER/POLÍT ]

      Tempo en que a lei prevé a presentación de candidatos ata a súa proclamación, rematadas as eleccións.

  2. s m [ESTRATIG ]

    Unidade xeocronolóxica de rango superior á época e inferior á era.

    1. s

      Tempo T, característico de calquera movemento periódico, que transcorre entre dous estados de movemento consecutivos e equivalentes.

    2. período radioactivo/de semidesintegración

      Tempo T necesario para que se desintegren a metade dos núcleos dunha substancia radioactiva.

  3. s m [FISIOL ]

    menstruación.

  4. s m [MED/PAT ]

    Fase distinta no curso dunha enfermidade ou proceso.

  5. s m [XEOL ]

    Duración do tempo xeolóxico.

  6. s m [LING ]

    Serie de oracións xustapostas ou coordinadas desde unha pausa plena a outra.

  7. s m [MAT ]

    Cifra ou cifras que se repiten nun número periódico.

  8. s m [MÚS ]

    Unidade diferencial dunha composición musical, formada habitualmente por dúas fases de catro compases cada unha.

  9. s m [QUÍM ]

    Cada unha das fileiras horizontais da táboa periódica dos elementos.

Sinónimos

Citas

  • Comezaron o período vacacional, Xa pasou o período das chuvias, Atravesan un período de crise económica, Comezou o período de instrución militar