factorial

factorial

factor

Plural: factoriais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao factor.

  2. s f [MAT ]

    Produto dos números naturais consecutivos, desde o 1 ata o número do que se calcula a factorial (n). Represéntase mediante o símbolo ! (n!).

  3. análise factorial [MAT ]

    Técnica estatística que trata de describir e explicar as relacións entre unhas variables aleatorias directamente observables e outras latentes tamén aleatorias, denominadas factores, e que poden ser a causa das primeiras. OBS: Tamén se denomina deseño experimental.