coeficiente

coeficiente

co- + eficiente

Plural: coeficientes
  1. adx

    Que actúa xunto con outra cousa para producir un efecto.

  2. s m [MAT ]

    Número ou parámetro que multiplica unha expresión alxébrica en forma de monomio.

  3. s m [FÍS ]

    Magnitude que caracteriza unha determinada propiedade dun sistema.

  4. coeficiente bancario [ECON ]

    Norma sobre as relacións entre as partidas de balance bancario, establecida pola autoridade monetaria, para darlle solidez á entidade bancaria, garantir a seguridade dos depósitos e aplicar a política monetaria do goberno.

  5. coeficiente de comunidade [BOT/XEOG ]

    Relación entre o número de especies comúns a dous inventarios e o número total de especies dos dous inventarios xuntos.

  6. coeficiente de selección [XEN ]

    alor numérico que expresa o tanto por cento de descendentes que sobreviven cun xenotipo homocigótico recesivo.

  7. coeficiente intelectual [PSIC ]

    Denominación impropia do cociente intelectual.

  8. coeficiente técnico [ECON ]

    Cantidade dun determinado produto, expresada en unidades monetarias, necesaria para conseguir a produción dunha unidade doutro ben.

Citas

  • coeficiente de dilatación

Palabras veciñas

coeducación coeducar coeficiencia coeficiente coeiro coelernos coella