facer

facer

lat facēre

  1. v t

    Dar forma a algo material colocando os elementos de que se compón de xeito adecuado.

  2. v t

    Realizar, efectuar ou levar a cabo unha acción ou actividade.

  3. v t

    Dar existencia a algo que se elabora mentalmente.

  4. v t

    Desenvolver as accións necesarias para resolver ou encontrar a solución de algo.

  5. v t

    Provocar ou obrigar a que suceda ou se execute algo.

  6. v t
    1. Ocasionar ou provocar un efecto ou consecuencia.

    2. Causar un dano ou prexuízo a alguén.

  7. v t
    1. Ter unha determinada idade.

    2. Ter lugar o cumprimento exacto de certo tempo.

  8. v t

    Supor ou imaxinar algo ou a alguén nun determinado lugar ou con determinadas características.

  9. v t

    Deixar espazo para alguén ou algo.

  10. v t
    1. Finxir alguén ser algo que non é.

    2. Imitar os sons ou algunha outra característica dun animal.

    3. Actuar alguén simulando algo que non é verdade.

  11. v t

    Representar un papel ou unha función.

  12. v t

    Adaptar ou acostumar o corpo a unha determinada situación ou actividade.

  13. v t

    Proporcionar algo determinadas calidades a unha cousa.

  14. v t

    Percorrer un espazo ou distancia determinada.

  15. v t

    Conseguir ou gañar algo.

  16. v t

    Dar un determinado aspecto ou aparencia.

  17. v t

    Deixar algo en testamento.

  18. v t

    Ir bo ou mal tempo meteorolóxico.

  19. v i

    Representar un papel ou facer as funcións doutra cousa ou doutra persoa.

  20. v i

    Procurar ou tratar de conseguir a realización de algo.

  21. v i

    Actuar ou proceder dunha determinada maneira.

  22. v pron

    Converterse ou evolucionar algo ou alguén.

  23. v pron

    Adaptarse ou acostumarse a unha situación determinada.

  24. v pron

    Resultar ou parecer algo a alguén dunha determinada maneira.

Sinónimos

Citas

  • Antes era cociñeiro pero agora non sei que fai
  • As cousas non se fan soas
  • Cambiou o neno porque xa fixera caca
  • Cos teus e mais os meus xa fan vinte euros
  • Despois de vivir uns anos na India fíxose budista
  • Ela fai o parvo para non traballar, Fai o xordo cada vez que o chama o pai
  • Esa noticia fíxoa moi feliz, O peixe fíxome mal, Ese muro faille sombra ás plantas
  • Esa rapaza fáiseme unha cara coñecida
  • Ese rapaz fíxolle moitas a seu pai
  • Ese unto fará un bo caldo
  • Eses lentes fante máis nova, O tempo fíxoa máis seria
  • Este ano fará terceiro de ESO
  • Este ano farei unha viaxe a Ribadeo, Sempre fai o que quere, Non fagas burla de min, Fíxome acenos para que pasara
  • Este ordenador fai un run run moi raro, O neno pasa o día a facer miau coma os gatos
  • Este rapaz fai o número catro na lista
  • Eu facíate en China, Facíao máis alto e guapo
  • Fai a cama e se che dá tempo fai tamén as maletas
  • Fixen por chegar pero non puiden, Fixo por salvalo pero foi imposible
  • Fixeron moitos edificios nos últimos anos, Fixo o niño no campanario
  • Fixo a súa fortuna en Venezuela, Fixen moitos amigos nese traballo
  • Fixo de policía na película, Na obra de teatro a caixa facía de televisión
  • Fixo mal invitándoa á festa
  • Fixo sitio no dormitorio para o moble novo
  • Fíxolle o piso e a casa da aldea á filla
  • Fíxose o xordo para non axudarnos
  • Fíxose veterinario en catro anos
  • Hai xa oito anos que fixen esa obra, Farei ese papel con moitas ganas
  • Mañá fai un ano que non vén pola nosa casa
  • Naquela época fixo as súas mellores cancións
  • Nese bar fan un cocido boísimo
  • Non apagues o lume que o peixe aínda non se fixo
  • Non fago o corpo a traballar tantas horas
  • Nun día fixeron máis de 40 km, Ese monte xa o fixen hai anos
  • O neno fai moi ben o porco
  • O viño fíxose vinagre, Farase vello esperando as túas desculpas
  • Onte fixo bo tempo pero hoxe xa fai malo
  • Onte fixo os sesenta
  • Os meus ollos fixéronse pouco a pouco á luz, Fíxose en seguida a vivir soa
  • Para a voda farei as cellas e a manicura
  • Por fin fixen o encrucillado, Fixo os problemas antes que o profesor
  • Por non saudarme fixo que non me vía
  • Sempre me fai dicir o que non quero, Fíxolle comer todo
  • Subo andando ata o sexto e así fago perna

Frases feitas

  • Facela boa. Causar un grave problema ou desorde.

  • Facer a comedia. Disimular.

Refráns

  • Ben ou mal feito, o que fagas faino ao dereito.
  • Cada un faí como quen é.
  • Cada un fai das súas.
  • Cada un faí segundo é.
  • Cousas baí que son para velas, moito mellor que para feitas.
  • Facer cada día unha e rogar a Deus por outra.
  • Faí o que sabe e non sabe o que faí.
  • Máis fácil é desfacer que facer.
  • Non hai feita sen desfeita.
  • O feito ben agarda o por facer.
  • O que fixo e desfixo, bota de canta que nada fixo.
  • Obrar moito e falar pouco.
  • Se non fas o que queres, fai o que podes.

Palabras veciñas

faceira facenda facendeira facer faceta facetar facha
Conxugar
VERBO facer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fago
fas
fai
facemos
facedes
fan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
facía
facías
facía
faciamos
faciades
facían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixen
fixeches
fixo
fixemos
fixestes
fixeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixera
fixeras
fixera
fixeramos
fixerades
fixeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
farei
farás
fará
faremos
faredes
farán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
faría
farías
faría
fariamos
fariades
farían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
faga
fagas
faga
fagamos
fagades
fagan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixese
fixeses
fixese
fixesemos
fixesedes
fixesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fixer
fixeres
fixer
fixermos
fixerdes
fixeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
fai
-
-
facede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
facer
faceres
facer
facermos
facerdes
faceren
Xerundio facendo
Participio feito
feita
feitos
feitas