facer
lat facēre
-
v t
Dar forma a algo material colocando os elementos de que se compón de xeito adecuado.
-
v t
Realizar, efectuar ou levar a cabo unha acción ou actividade.
-
v t
Dar existencia a algo que se elabora mentalmente.
-
v t
Desenvolver as accións necesarias para resolver ou encontrar a solución de algo.
-
v t
Provocar ou obrigar a que suceda ou se execute algo.
-
v t
-
Ocasionar ou provocar un efecto ou consecuencia.
-
Causar un dano ou prexuízo a alguén.
-
-
v t
-
Ter unha determinada idade.
-
Ter lugar o cumprimento exacto de certo tempo.
-
-
v t
Supor ou imaxinar algo ou a alguén nun determinado lugar ou con determinadas características.
-
v t
Deixar espazo para alguén ou algo.
-
v t
-
Finxir alguén ser algo que non é.
-
Imitar os sons ou algunha outra característica dun animal.
-
Actuar alguén simulando algo que non é verdade.
-
-
v t
Representar un papel ou unha función.
-
v t
Adaptar ou acostumar o corpo a unha determinada situación ou actividade.
-
v t
Proporcionar algo determinadas calidades a unha cousa.
-
v t
Percorrer un espazo ou distancia determinada.
-
v t
Conseguir ou gañar algo.
-
v t
Dar un determinado aspecto ou aparencia.
-
v t
Deixar algo en testamento.
-
v t
Ir bo ou mal tempo meteorolóxico.
-
v i
Representar un papel ou facer as funcións doutra cousa ou doutra persoa.
-
v i
Procurar ou tratar de conseguir a realización de algo.
-
v i
Actuar ou proceder dunha determinada maneira.
-
v pron
Converterse ou evolucionar algo ou alguén.
-
v pron
Adaptarse ou acostumarse a unha situación determinada.
-
v pron
Resultar ou parecer algo a alguén dunha determinada maneira.
Sinónimos
Citas
- Antes era cociñeiro pero agora non sei que fai
- As cousas non se fan soas
- Cambiou o neno porque xa fixera caca
- Cos teus e mais os meus xa fan vinte euros
- Despois de vivir uns anos na India fíxose budista
- Ela fai o parvo para non traballar, Fai o xordo cada vez que o chama o pai
- Esa noticia fíxoa moi feliz, O peixe fíxome mal, Ese muro faille sombra ás plantas
- Esa rapaza fáiseme unha cara coñecida
- Ese rapaz fíxolle moitas a seu pai
- Ese unto fará un bo caldo
- Eses lentes fante máis nova, O tempo fíxoa máis seria
- Este ano fará terceiro de ESO
- Este ano farei unha viaxe a Ribadeo, Sempre fai o que quere, Non fagas burla de min, Fíxome acenos para que pasara
- Este ordenador fai un run run moi raro, O neno pasa o día a facer miau coma os gatos
- Este rapaz fai o número catro na lista
- Eu facíate en China, Facíao máis alto e guapo
- Fai a cama e se che dá tempo fai tamén as maletas
- Fixen por chegar pero non puiden, Fixo por salvalo pero foi imposible
- Fixeron moitos edificios nos últimos anos, Fixo o niño no campanario
- Fixo a súa fortuna en Venezuela, Fixen moitos amigos nese traballo
- Fixo de policía na película, Na obra de teatro a caixa facía de televisión
- Fixo mal invitándoa á festa
- Fixo sitio no dormitorio para o moble novo
- Fíxolle o piso e a casa da aldea á filla
- Fíxose o xordo para non axudarnos
- Fíxose veterinario en catro anos
- Hai xa oito anos que fixen esa obra, Farei ese papel con moitas ganas
- Mañá fai un ano que non vén pola nosa casa
- Naquela época fixo as súas mellores cancións
- Nese bar fan un cocido boísimo
- Non apagues o lume que o peixe aínda non se fixo
- Non fago o corpo a traballar tantas horas
- Nun día fixeron máis de 40 km, Ese monte xa o fixen hai anos
- O neno fai moi ben o porco
- O viño fíxose vinagre, Farase vello esperando as túas desculpas
- Onte fixo bo tempo pero hoxe xa fai malo
- Onte fixo os sesenta
- Os meus ollos fixéronse pouco a pouco á luz, Fíxose en seguida a vivir soa
- Para a voda farei as cellas e a manicura
- Por fin fixen o encrucillado, Fixo os problemas antes que o profesor
- Por non saudarme fixo que non me vía
- Sempre me fai dicir o que non quero, Fíxolle comer todo
- Subo andando ata o sexto e así fago perna
Frases hechas
-
Facela boa. Causar un grave problema ou desorde.
-
Facer a comedia. Disimular.
Refranes
- Ben ou mal feito, o que fagas faino ao dereito.
- Cada un faí como quen é.
- Cada un fai das súas.
- Cada un faí segundo é.
- Cousas baí que son para velas, moito mellor que para feitas.
- Facer cada día unha e rogar a Deus por outra.
- Faí o que sabe e non sabe o que faí.
- Máis fácil é desfacer que facer.
- Non hai feita sen desfeita.
- O feito ben agarda o por facer.
- O que fixo e desfixo, bota de canta que nada fixo.
- Obrar moito e falar pouco.
- Se non fas o que queres, fai o que podes.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fago
fas
fai
facemos
facedes
fan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles facía
facías
facía
faciamos
faciades
facían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fixen
fixeches
fixo
fixemos
fixestes
fixeron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fixera
fixeras
fixera
fixeramos
fixerades
fixeran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles farei
farás
fará
faremos
faredes
farán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles faría
farías
faría
fariamos
fariades
farían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles faga
fagas
faga
fagamos
fagades
fagan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fixese
fixeses
fixese
fixesemos
fixesedes
fixesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fixer
fixeres
fixer
fixermos
fixerdes
fixeren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
fai
-
-
facede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles facer
faceres
facer
facermos
facerdes
faceren
feita
feitos
feitas