estrela

estrela

lat stella

Plural: estrelas
    1. s

      Astro de gran volume que brilla con luz propia, cunha intensidade que varía segundo a estrela.

    2. estrela anana

      Estrela de magnitude absoluta débil. Pode ser branca, se ten unha elevada temperatura superficial, ou vermella, se ten unha temperatura superficial baixa.

    3. estrela binaria/dobre

      Estrela múltiple constituída por dúas estrelas formadas ao mesmo tempo e que orbitan arredor dun centro de gravidade mutuo, en que a materia dunha das estrelas é despoxada e atraída cara a outra estrela que aparece colapsada, feito que produce a emisión de raios X.

    4. estrela da mañá

      Nome común que recibe o planeta Venus.

    5. estrela de neutróns

      Estrela hiperdensa, con máis de mil millóns de toneladas por centímetro cúbico, que está composta por un gas de neutróns dexenerados.

    6. estrela evolucionada

      Estrela próxima á fin da súa vida, cando a maioría do seu combustible está esgotado.

    7. estrela fugaz

      Fulgor rápido de luz no firmamento causado por unha partícula que procede do espazo que arde por fricción ao entrar na atmosfera.

    8. estrela múltiple

      Sistema físico constituído por dúas ou máis estrelas que xiran arredor dun centro de gravidade común.

    9. estrela polar/do norte

      Estrela da constelación da Osa Menor, situada a unha distancia dun grao do polo norte do hemisferio celeste.

    10. estrela T-Tauri

      Estrela moi nova, caracterizada por extensas e violentas execcións da súa masa que xa fusiona o hidróxeno, pero non contan cun equilibrio entre a presión gravitatoria e a enerxética.

    11. estrela variable

      Estrela con brillo variable no tempo, que pode ir desde unhas poucas centésimas a máis de 20 magnitudes en períodos que van dunha fracción de segundo a anos, segundo o tipo de estrela.

    12. estrela xigante

      Estrela que ten unhas dimensións dun centenar de veces ás do Sol, de cor amarela ou vermella.

  1. s f
    1. Figura formada por un conxunto de puntas ou raias que parten dun centro e coa que convencionalmente se trata de representar unha estrela.

    2. [BÉL ]

      Insignia de grao militar.

    3. [NUMIS ]

      Contramarca habitual nas moedas españolas da Idade Contemporánea.

  2. s f

    Forza descoñecida que supostamente determina o que lle acontecerá a cada persoa.

  3. s f

    Persoa que destaca na súa profesion, especialmente un deportista ou un artista.

  4. estrela de David [HIST ]

    Estrela de seis puntas que se converteu en símbolo do xudaísmo no s XVI.

  5. estrela de mar [ANIMAL ]

    estrelamar.

Citas

  • Con dous triángulos debúxase unha estrela de seis puntas
  • Converteuse nunha estrela do vodevil, O seu bo xogo fixo del unha estrela do tenis
  • Naceu con mala estrela e nunca ten sorte
  • Un hotel de tres estrelas, Mercou un frigorífico de dúas estrelas

Frases feitas

  • Deitarse coas estrelas. Ir para a cama xusto despois de anoitecer.

  • Erguerse coas estrelas. Erguerse da cama entre noite e d

  • Nacer con estrela. Ter sorte na vida.

  • Ter boa estrela. Sa

  • Ver as estrelas. Sentir unha dor moi forte e intensa.

Refráns

  • Cando contan as estrelas, sempre gañao elas.
  • Estrelas a brillar, nordés fresco a soprar.
  • Moitas estrelas a brillar, frío seco vai chegar.