estreito -ta

estreito -ta

lat strictu

Plural: estreitos Masculino: estreito Masculino plural: estreitos Feminino: estreita Feminino plural: estreitas
  1. adx

    Que ten pouca ou menos largura do que se considera normal ou adecuado.

  2. adx

    Que aperta ou cingue moito aquilo que arrodea.

  3. adx

    Que ten carácter íntimo ou é moi próximo, especialmente referido á amizade, ao parentesco ou a outro tipo de relación.

  4. adx

    Que se caracteriza pola súa rixidez nas ideas e principios.

  5. s m [XEOG ]

    Paso que ten como función comunicar dúas masas de auga.

Citas

  • A súa mente estreita non lle permite entender a miña postura
  • Anchearon as rúas porque eran moi estreitas
  • Manteñen unha amizade moi estreita desde que se coñeceron no colexio
  • Tanto a blusa como a saia sonche moi estreitas