algarabía

algarabía

ár al-’arabyya ‘a lingua árabe’

Plural: algarabías
  1. s f

    Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.

  2. s f

    Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.

  3. s f [LING ]

    Lingua árabe, falada polas minorías musulmás nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación do poder político musulmán.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • El pode entender a túa algarabía de palabras mesturadas
  • Levaron a eses homes detidos pola algarabía que orixinaron na porta do bar

Palabras veciñas

alga algalia algara algarabía algarada algarear algareiro -ra