alga
alga
lat alga
s
f
[PROTISTA ]
Grupo artificial e heteroxéneo de seres vivos fotosintetizadores, con tipos morfoloxicamente moi variables. Diferéncianse das plantas por ser talófitos, ao non presentar tecidos ben estruturados, e vexetais non vasculares, ao non ter vasos condutores. Aínda que todas as algas son autótrofas, non todas son verdes.