silencio

silencio

lat silentĭu

Plural: silencios
  1. s m

    Ausencia de todo son ou ruído.

  2. s m

    Feito de estar alguén sen falar.

  3. s m

    Feito de non dicir alguén a súa opinión ou algunha información.

  4. s m [FISIOL ]

    Intervalo que separa os ruídos cardíacos.

  5. s m
    1. Pausa ou breve intervalo sen música nin canto.

    2. Signo gráfico posto no pentagrama para indicar este silencio.

  6. silencio administrativo [DER/ADM ]

    Ausencia de resolución por parte dunha autoridade administrativa respecto a unha petición ou recurso que lle foi presentado.

Refráns

  • As veces o corazón fala, anque a lingua cala.
  • Está a casa sen roído, cando están os porcos no enxido.
  • Galo que non cacarexa non se sabe por onde anda.