espantallo
espantallo
espantar
-
s
m
Obxecto, xeralmente con forma de boneco, que se pon nun lugar para espantar os paxaros e evitar así que coman ou estraguen os froitos e as sementes.
-
s
m fig
Persoa ridícula, especialmente a que viste de xeito charramangueiro.
-
s
m fig
Persoa que estorba.
Citas
- Anda de espantallo polas noites meténdolle medo á xente, No conto aparecía un espantallo que raptaba os nenos
- Estás de espantallo polo medio e non me deixas traballar
- Pareces un espantallo con esa roupa
- Puxeron un espantallo na cortiña para que os paxaros non lles coman as sementes