equidade

equidade

lat aequĭtāte

Plural: equidades
  1. s f

    Calidade de quen ou do que é xusto e comedido.

  2. s f [DER ]

    Adaptación da norma xurídica ás particularidades de cada caso concreto para evitar unha interpretación ríxida dos preceptos legais, de acordo co esquema xeral das normas xurídicas.

Confrontacións

igualdade, xustiza

Citas

  • A equidade da sentencia non a discute ninguén
  • Sempre ten moito tino e obra con equidade cando ten que distribuír o traballo