encabezamento

encabezamento

encabezar

Plural: encabezamentos
  1. s m

    Conxunto de palabras, moitas veces de carácter formulístico, con que se comeza un libro ou escrito.

  2. s m [BIBLIOT ]

    Elemento que se destaca na cabeceira dunha ficha ou rexistro bibliográfico, que permite ordenalo.

  3. s m [HIST/ECON ]

    Sistema que utilizaba a facenda pública para a recadación de impostos e contribucións, que consistía en outorgarlles aos concellos ou aos gremios a facultade de recadar por si mesmos os impostos e contribucións correspondentes ao distrito ou ao gremio mediante o pagamento dun cupo fixo sinalado polo órgano fiscal.

Sinónimos

Citas

  • Nunca lles poño encabezamento ás cartas