cabeceira

cabeceira

cabeza

Plural: cabeceiras
  1. s f

    Parte superior da cama que se corresponde coa colocación da cabeza e da almofada.

  2. s f

    Lugar destacado onde se coloca o máis importante.

  3. s f

    Extremo superior dunha leira.

  4. s f [ADM ]

    Núcleo de poboación onde se localizan as delegacións das administracións e servizos públicos para un territorio determinado.

  5. s f
    1. Nota preliminar coa que se encabeza un escrito.

    2. Nome ou título impreso na parte superior dun documento.

    3. Espazo da portada do xornal ou revista onde se recollen datos de importancia.

  6. s f [PESCA ]

    Arte de pesca que se usa no río Miño para pescar a lamprea e o salmón.

  7. s f [XEOG ]

    Sector máis elevado dunha conca dun val fluvial ou dun glaciar.

  8. s f [XEOL ]

    Punto onde se inicia a explotación dun filón.

Sinónimos

Citas

  • A cabeceira da cama era de forxa
  • A cabeceira da mesa está reservada para a presidenta
  • Abriron o rego na cabeceira do campo
  • Na cabeceira do canastro pódense colocar as portas
  • Na cabeceira do escrito figuraban todos os datos da empresa
  • Na cabeceira do xornal están as noticias máis importantes
  • Nas cartas a data ponse na cabeceira
  • Tiña unha cabeceira para apoiar os pés e outra para a cabeza

Palabras veciñas

cabazo cabazo cabecear cabeceira cabeceiro cabeceo cabeco