centro
lat centru gr κέντρον ‘agulla do compás’
-
-
s
Punto en que se cortan os eixes de simetría dun corpo ou figura xeométrica.
-
centro de curvatura
[FÍS ]
Punto en que concorren as normais á traxectoria dun punto material móbil que corresponden a dous instantes de tempo moi próximos.
-
centro de forzas
[FÍS ]
Punto ao que se dirixen as forzas dun campo central.
-
centro de gravidade
[FÍS ]
Punto dun corpo en que se pode considerar que está concentrado o seu peso.
-
s
-
-
s
Zona dunha poboación onde se concentra a máxima actividade.
-
centro comercial
Sector planificado e edificado, no contorno de galerías comerciais, que dispón dun certo número de locais de servizos.
-
centro histórico
Parte dunha cidade que constitúe o núcleo urbano anterior ás expansións urbanas iniciadas na segunda metade do s XIX.
-
centro urbano
Área do interior dunha cidade.
-
s
-
-
s
Lugar en que se concentra ou desde o que se dirixe unha determinada actividade.
-
s
[ZOOL/FISIOL ]
Estrutura anatómica que dirixe ou coordina determinadas funcións, especialmente nerviosas.
-
centro activo
[BIOQ ]
Rexión do encima ao que se une o substrato e que é responsable da súa transformación catalítica.
-
centro cardiovascular /
[ZOOL/FISIOL ]
Área do cerebro que controla as constantes do sistema cardiovascular e que inflúe na frecuencia cardíaca.
-
centro vasomotor /
[ZOOL/FISIOL ]
Parte do bulbo raquídeo que regula a presión sanguínea.
-
centro ventilatorio /
[ZOOL/FISIOL ]
Grupo de neuronas situadas no bulbo raquídeo que controlan o proceso de ventilación.
-
s
-
s
m
Persoa ou cousa que atrae a atención ou o interese dos circunstantes.
-
s
m
Establecemento ou institución onde se desenvolve algún tipo de actividade.
-
s
m
[POLÍT ]
Partido que, no conxunto das tendencias políticas, se sitúa nunha posición intermedia entre a dereita e a esquerda.
-
centro coloreado
[QUÍM ]
Defecto puntual dun cristal transparente que produce coloración do cristal.
-
centro de acción
-
Cada un dos grandes núcleos de presión superior ou inferior á normal dun mapa meteorolóxico, que se obtén facendo as medias dos mapas diúrnos durante períodos de cinco días nunha semana.
-
Célula ciclónica ou anticiclónica que ten estreita relación coa circulación das capas altas da atmosfera e que presenta un carácter case permanente.
-
-
centro de asimetría
[QUÍM ]
Designación habitual do átomo de carbono asimétrico dunha molécula.
-
centro de atracción
[FÍS ]
Punto ao que se dirixe a forza exercida sobre unha partícula.
-
centro de desprazamento
[FÍS ]
Centro de gravidade do fluído desprazado por un sólido que está somerxido nel total ou parcialmente.
-
centro de masa/ inercia
[FÍS ]
Punto dun sistema de masas en que se se concentrase nel toda a masa do sistema, o movemento deste reduciríase ao movemento dunha partícula.
-
centro de mesa
Recipiente artístico, adecuado para colocar nel calquera tipo de adorno, que se coloca nunha mesa.
-
centro de oscilación
[FÍS ]
Punto dun péndulo físico onde tería que concentrarse toda a masa para constituír un péndulo simple que oscilase co mesmo período que o péndulo físico en cuestión.
-
centro de presións
[FÍS ]
Punto por onde pasa a resultante das presións que actúan sobre unha superficie.
-
centro de simetría
[FÍS ]
Punto tal que calquera recta que o atravesa, pasa por puntos equidistantes do centro a ambos os dous lados.
Sinónimos
Confrontacións
núcleoCitas
- A política interna é o centro do problema actual, O centro da súa exposición xira arredor da seguiridade laboral
- As discrepancias cos seus fillos son o centro das súas preocupacións
- Colocouse no centro da fila para subir ao autobús
- O centro cívico estaba ateigado de xente para a representación, Crearon un novo centro de educación o ano pasado
- O centro da Terra soporta temperaturas moi elevadas, As troitas atópanse no centro da corrente do río, Colocou a bandexa no centro da mesa
- O novo edificio está situado no actual centro de negocios da cidade
- Os centros galegos son organismos que difunden a cultura galega no mundo
- Os partidos da dereita tentan un achegamento ao centro
- Sempre que hai unha reunión da empresa el é o centro de todas as miradas, Os cervos convertéronse no centro da visita ao zoo
- Vigo e A Coruña son dous centros pesqueiros moi importantes